martes, 30 de xuño de 2015

AGRADECEMENTOS

Non podía faltar neste blog os agradecementos a todos os que fixeron posible  que saíra para diante este proxecto:

  1.  En primeiro lugar a todos os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria por traballar tanto. Estou moi orgullosa do voso comportamento e do voso traballo. Foi un pracer traballar con vos.
  2. En segundo lugar aos profesores que me acompañaron Luis, o titor, e Ermi, a profesora de A.L., que me ensinou a facer este blog e da que practicamente partiu este proxecto. Así como ao resto do profesorado que nos deixaron algunha das súas sesións para poder traballar.
  3. Tamén quero agradecer ao Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia que nos deixaran un traballo tan fascinante como o dos cadernos de actividades  "O lugar onde vivimos. Descubrindo onde vivimos". Este caderno serviu para que os nenos e eu mesma miraramos as contornas e paisaxes con outros ollos, outra mirada.
  4. Un agradecemento moi grande a Xunta de Galicia , á Consellería de Cultura,  Educación e Ordenación Universitaria e á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras pola concesión deste proxecto pertencente ao Plan Proxecta.
  5. Gracias ao Proxecto Terra pola organización da actividade: "Visita guiada á Coruña" Tan ben organizada e preparada. Así como aos guías que non acompañaron no recorrido: Olga e Luis.
GRACIAS A TODOS POR FACER QUE LEVARAMOS A CABO UNHA EDUCACIÓN DIFERENTE  ONDE APRENDIMOS TANTO O ALUMNADO COMO O PROFESORADO.



CANTO TRABALLAMOS COS COMPAÑEIROS...

A verdade é que traballaron moito ao final. 
Da excursión á Coruña decidimos que fixeran algo que nos dera a coñecer o que eles aprenderan desa viaxe.
Queriamos que o fixeran por grupos.

  • Uns fixeron un mural. Un grupo diseñou o que fixeran pola mañá e outro o de pola tarde. 
O resultado final foi:
  • Outros traballaron con Power Point:
Aquí están os nenos traballando co ordenador.






Este é o resultado final clica  aquí



  • Outro grupo fixo un video coa tablet, utilizando unha do cole. Teño que recoñecer que tiven que aprender con eles, eu nunca traballara con este programa: Flipagram.
Fixádevos na tablet e no programa:




Este é o resultado:


  • Outro grupo fixo un video co ordenador con Windows Live Movie Maker.
 Aquí temos as nenas que fixeron este video con moito traballo e esforzo.


Este foi o resultado final:  


Todos foron uns traballos maravillosos dos que estaredes moi orgullosos.


luns, 29 de xuño de 2015

EXCURSIÓN Á CORUÑA

Gracias ao Proxecto Terra, dentro das súas actividades "visitas guiadas", tivemos a sorte de ir á Coruña. Alí visitamos diferentes lugares. 
Os nenos aprenderon a ver a cidade con outros ollos. 
Acompañáronos dous maravillosos guías: Olga, pola mañá e Luis (como o noso profe) pola tarde.

MUSEO DE CIENCIAS E TECNOLOXÍA.


O que máis lles gustou foi o avión Lope de Vega.
Atenderon sempre con interese ás explicacións do guía do museo. 


Diferentes rincóns especiais da cidade




E.... a famosa Praza de María Pita.



Logo fomos comer. Xa tiñamos fame.....Despois de tanto andar....



  E......por último o MUSEO DE BELAS ARTES





Alí cada un fixo un gravado. Quedaron chulísimos. Ata Conchi fixo o seu. 

Estan facendo o seu debuxo.
E... Conchi tamén.      Despois botaronlle tinta.  

 Este sería o traballo final. Quedaron todos moi chulos!!!!                                              Esta viaxe foi maravillosa as nenas e nenos portáronse moi ben e disfrutaron moito con todo o que viron e aprenderon moitas cousas que descoñecían da cidade.




domingo, 28 de xuño de 2015

Caderno de actividades. O lugar onde vivimos. Descubrindo onde vivimos.

Tamén traballamos co "Caderno de Actividades" do Proxecto Terra. Utilizamos a páxina web deste proxecto amosandoa na pizarra.  Se queredes entrar nesta páxina clicade aquí.

Disfrutaron moito facendo esta actividade un día á semana e se algún día nos  olvidabamos eles no lo recordaban.






A CASA IMAXINARIA
Aproveitando unha actividade deste caderno decidimos que os nenos puxeran a súa imaxinación a andar e que nos diseñaran como sería a súa casa imaxinaria.  
Feito o traballo colocamolo tamén no mural.



OS CAMBIOS NA NOSA VISTA.

Uns dos traballos que fixo o alumnado foi sacar unha foto dunha vista dende unha ventá da súa casa  durante 5 meses e sempre á mesma hora;  para despois facer un traballo e expoñer nel os cambios que se foron producindo. Logo cada alumna/o os expuxeron  á clase e despois fíxose un mural grande na que se colocaron  todos os traballos. 


                           
Angel e Ana expoñen os 
seus traballos a toda a clase.

                                                                                   Todas e todos disfrutaron contándolles aos compañeiros o que vían dende a ventá!!!


Exposición dos traballos feitos.



Fixádevos que fotos máis bonitas fixeron!!!







venres, 26 de xuño de 2015

A primeira vista.

Para comezar os nenos fixeron fotos do que vían a través da ventá da súa habitación e nun traballo explicaron que vían os seus ollos. Logo dérono a coñecer a toda a clase e fíxose unha exposición. Compararon as diferentes paisaxes que se poden ver ainda que esteñamos na mesma localidade. Fixádevos que cousas chulas!!!
                 


BENVIDOS

Ola amigos e amigas:
Neste curso empezamos un novo blog. Traballamos durante todo o curso no Proxecto Terra cos nosos alumnos/as de 4º de E.P.
Chámase "A vista dos meus ollos". Que ven os nenos e nenas máis aló dos seus ollos?




Fomos pouco a pouco descubrindoo. Seguide mirando e veredes que bonito.