martes, 30 de xuño de 2015

AGRADECEMENTOS

Non podía faltar neste blog os agradecementos a todos os que fixeron posible  que saíra para diante este proxecto:

  1.  En primeiro lugar a todos os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria por traballar tanto. Estou moi orgullosa do voso comportamento e do voso traballo. Foi un pracer traballar con vos.
  2. En segundo lugar aos profesores que me acompañaron Luis, o titor, e Ermi, a profesora de A.L., que me ensinou a facer este blog e da que practicamente partiu este proxecto. Así como ao resto do profesorado que nos deixaron algunha das súas sesións para poder traballar.
  3. Tamén quero agradecer ao Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia que nos deixaran un traballo tan fascinante como o dos cadernos de actividades  "O lugar onde vivimos. Descubrindo onde vivimos". Este caderno serviu para que os nenos e eu mesma miraramos as contornas e paisaxes con outros ollos, outra mirada.
  4. Un agradecemento moi grande a Xunta de Galicia , á Consellería de Cultura,  Educación e Ordenación Universitaria e á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras pola concesión deste proxecto pertencente ao Plan Proxecta.
  5. Gracias ao Proxecto Terra pola organización da actividade: "Visita guiada á Coruña" Tan ben organizada e preparada. Así como aos guías que non acompañaron no recorrido: Olga e Luis.
GRACIAS A TODOS POR FACER QUE LEVARAMOS A CABO UNHA EDUCACIÓN DIFERENTE  ONDE APRENDIMOS TANTO O ALUMNADO COMO O PROFESORADO.



4 comentarios:

  1. Interesantísimo Proxecto, interesantísimo traballo e interesantísima aprendizaxe! A vista dos meus ollos, coma o verso de Rosalía...foi o comezo da investigación máis alá da paisaxe.
    Grazas á mestra Conchi pola súa persistencia en sacar adiante este Proxecto e e pola persistencia fedellando coa tecnoloxía para montar este xenial blogue!
    Grazas ao numeroso e activo grupo de 4º de Primaria e ao seu capitán Luis! Este grupo queda fichado para o vindoiro curso como parte importante da Editorial Como cho conto! para contar as novas do cole...Fanno xenial! Parabéns e longa vida a estes artistas xornalistas!

    ResponderEliminar
  2. É aquí onde quería Ermi poñer que o día das Letras Galegas 2016 estará adicado ao poeta chairego MANUEL MARÍA?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non,... a alegría da poesía de Manuel María xa fica publicada no Bibliogaldo e no N de Nosa. O poema....Galiza...non poderia ser doutro xeito!
      Manuel María, poesía, A vista dos meus ollos e Rosalía...Alegría! Proxecto Terra"!

      Eliminar
  3. Grazas a todos polos vosos comentarios.

    ResponderEliminar